martes, 24 de novembro de 2020

MUDANDO O CONTO


(PINCHA NA FOTO PARA VER O VÍDEO)







E NON ESQUEZAS DEIXARNOS A TÚA VALORACIÓN!! 

Continuando coa​ actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020 presentámosvos o obradoiro MUDANDO O CONTO”

Animarse a participar, son moi enriquecedoras!

A transmisión oral é parte imprescindible de tódalas culturas, como xeito de perpetuarse e transmitir o seu coñecemento.

No ámbito familiar, narrar historias e contar contos, é un acto habitual que pode gañar importancia se somos conscientes de que mentres contamos, estamos compartindo un momento divertido e creativo e tamén estamos transmitindo valores morais e condutas sociais, de xeito ás veces moi sutil, pero que teñen influencia na construción da autoimaxe e subxectividade das persoas que escoitan.

Dende Katiuskas queremos convidarvos a darlle unha segunda oportunidade aos contos de toda a vida e ás súas protagonistas, transformando nesta ocasión o conto de “Cincenta”.

No seguinte vídeo, Cincenta, a personaxe principal, di “basta” e decide deixar o conto ata que alguén actúe e axude a transformalo.

Está nas vosas mans mudar este conto, transformando a historia para facer un relato máis xusto para todas as personaxes.
Podedes enviar as vosas propostas en vídeo, gravadas dende o móbil ou con calquera outro medio, contando como transformades a historia para axudar ás personaxes de xeito narrado, con debuxos, interpretando os papeis, ou de calquera outro xeito que se vos ocorra.

Sexa como sexa, esperamos que gocedes do proceso, xogando en familia e con confianza na capacidade transformadora da creatividade infantil.

Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.

Un saúdo e coidarse moito!!

Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa
Ten sido subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Este 23 de abril, " Día Internacional do libro ", fixemos unha celebración moi especial. Os nosos amigos de Trécola , achegáronse ...