martes, 24 de novembro de 2020

CREACIÓN DE XOGUETES NON SEXISTAS E NON VIOLENTOS CON REFUGALLO

Continuando coa actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020, hoxe presentámosvos o 

OBRADOIRO; “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos con refugallo”

PINCHA FOTO PARA VER O VÍDEO


E NON ESQUEZAS DEIXARNOS A TÚA VALORACIÓN !!!

Os xoguetes son unhas das primeiras marcas sociais que preestablecen os estereotipos de xénero na infancia. Se nos

fixamos nos catálogos de xoguetes podemos observar como a división de xénero está fortemente arraigada, impoñendo unha

posición de coidados ás persoas socializadas como nenas e nunha posición de traballo físico e violencia ás persoas

socializadas como nenos.

Máis adiante, na preadolescencia, os xoguetes e os xogos teñen un pequeno cambio mais seguen na mesma liña binomial,

sexualizando ás rapazas e introducindo aos rapaces no mundo competitivo.

Por todo isto xurde o obradoiro de “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos”. Este obradoiro pretende ser un espazo de convivencia activa en familia, onde adultas e crianzas compartan un tempo de imaxinación, creación, aprendizaxe e xogo, dende un enfoque crítico.

No seguinte vídeo mostramos os materiais precisos e os pasos a seguir parar a construción de 3

xoguetes escollidos por ser non sexistas, non violentos, e en dous dos casos cooperativos:

- O labirinto cooperativo: un xogo onde precisamos traballar en equipo (cada corda cóllea un

xogador) para conseguir levar a bola ao buraco de saída.

- O lapis cooperativo: como sería pintar entre varias persoas coa mesma pintura? Con este lápis

cada persoa colle unha corda para pintar xuntas. Tentade facelo sen falar e atentas aos

movementos das demáis.

- O peixe glotón: chamámoslle así a ese xogo que tódalas adultas coñecerán, onde temos que

encestar a boliña que vai enganchada por unha corda a unha botella, lembrades?.

Queremos propoñervos un reto: a creación en familia un xoguete non sexista, non violento e, a poder ser, cooperativo, que

coñezades ou que vos inventedes; e que enviedes un vídeo explicando como crealo e xogar co mesmo. Así medramos xuntas

no camiño pola igualdade dende a creatividade.


Esperamos que gocedes tanto coa súa creación como xogando cos mesmos!

Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.



Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros

educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa. Ten sido

subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

TALLER DE ECOPERCUSIÓN

 Que ben o pasamos onte no obradoiro de ECOPERCUSIÓN que trouxeron Eduardo e Didier. Familias, nenas e nenos aprendemos a facer uns ritmos b...