sábado, 25 de novembro de 2023

"CONTOS ARREDOR DO LUME" E "CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS""


 Esta semana estivo cargada de actividades sobre igualdade.

O martes contamos con Alba de Vales, que nos contou "Contos arredor do lume". Esta actividade estivo destinada a todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.





E o xoves pola tarde, tanto alumnado como familias pasámolo en grande cos "Contos de nenas grandes e pequenas" que nos trouxo Brais das Hortas.







Esperamos que desfrutásedes moito !!


venres, 17 de novembro de 2023

OBRADOIRO: ACOMPAÑAMENTO DA SEXUALIDADE NA INFANCIA

 


Este mércores, o alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro sobre sexualidade na infancia.

Coñecer os cambios que comezan a aparecer no seu corpo e resolver as súas curiosidades dende unha fonte real e obxectiva, fomenta futuras relacións saudables e con respecto cara a si mesmos e cara aos demáis.













venres, 27 de outubro de 2023

CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS.

 O pasado mércores, tivemos outra actividade sobre igualdade, esta vez destinada á rapazada de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Pasárono xenial desfrutando dos Contos vellos con novos finais que lles trouxo o noso amigo Caxoto.









mércores, 11 de outubro de 2023

OBRADOIRO: TEATRO DA OPRIMIDA

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou nesta xornada de igualdade o pasado 9 de outubro.

A través deste obradoiro de teatro gozaron dun espazo para a interpretación e a reflexión.

Mirade que ben o pasaron:














martes, 3 de outubro de 2023

A IGUALDADE SUMA

Presentamos a programación de actividades que se realizará no centro grazas á axuda da Secretaría Xeral de Igualdade:




NOTA: Tódalas actividades se levarán a cabo en horario lectivo para o alumnado, a excepción de "Contos para nenas, grandes e pequenas" que será aberto a alumnado e familias o xoves 23 de novembro ás 16.30 da tarde na biblio do cole.
NON FALTEDES!

Esperamos sexan de proveito para todas e todos.



xoves, 8 de xuño de 2023

Xornada de Convivencia 2023

 

                                                   Xornada de convivencia

                                       Parque arqueolóxico de Campolameiro                                  

                                             Unha xornada moi completa! 

Este ano puidemos aprender algo máis dos nosos devanceiros e achegarnos a súa forma de vida no parque arqueolóxico de Campolameiro, con actividades adaptadas ás diferentes idades. Axudou moito as boas monitoras que tivemos que o fixeron xenial.

Despois xa apretaba a fame e fumos xantar á área recreativa de Lodeiro, onde ademáis de disfrutar do lugar algúns atrevéronse cun baño no río Lerez mentres outros coñecían un pouco do sendeiro do río Maneses. E para rematar fumos á carballeira de San Xusto onde nos agardaban unhas monitoras para facer unha xincana c@s pequen@s e xogos populares as familias.

                                 Moi divertido, moi bo ambiente.... Moitas grazas a tod@s!!!!!


Área recreativa de Lodeiro




Xogos na carballeira de San Xusto 









venres, 12 de maio de 2023

Educación sexual para tod@s

 

EDUCACIÓN SEXUAL

Unha moi boa experiencia de achegamento á sexualidade desde unha perspectiva aberta e respetuosa con tod@s.

Desexamos repetir!! Grazas Hadriana😀👏👏👏

PARA NAIS E PAIS




PARA A RAPAZADA DE 5º E 6º DE PRIMARIA










OBRADOIRO DE MONICREQUES

Este 23 de abril, " Día Internacional do libro ", fixemos unha celebración moi especial. Os nosos amigos de Trécola , achegáronse ...