martes, 24 de novembro de 2020

CREACIÓN DE XOGUETES NON SEXISTAS E NON VIOLENTOS CON REFUGALLO

Continuando coa actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020, hoxe presentámosvos o 

OBRADOIRO; “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos con refugallo”

PINCHA FOTO PARA VER O VÍDEO


E NON ESQUEZAS DEIXARNOS A TÚA VALORACIÓN !!!

Os xoguetes son unhas das primeiras marcas sociais que preestablecen os estereotipos de xénero na infancia. Se nos

fixamos nos catálogos de xoguetes podemos observar como a división de xénero está fortemente arraigada, impoñendo unha

posición de coidados ás persoas socializadas como nenas e nunha posición de traballo físico e violencia ás persoas

socializadas como nenos.

Máis adiante, na preadolescencia, os xoguetes e os xogos teñen un pequeno cambio mais seguen na mesma liña binomial,

sexualizando ás rapazas e introducindo aos rapaces no mundo competitivo.

Por todo isto xurde o obradoiro de “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos”. Este obradoiro pretende ser un espazo de convivencia activa en familia, onde adultas e crianzas compartan un tempo de imaxinación, creación, aprendizaxe e xogo, dende un enfoque crítico.

No seguinte vídeo mostramos os materiais precisos e os pasos a seguir parar a construción de 3

xoguetes escollidos por ser non sexistas, non violentos, e en dous dos casos cooperativos:

- O labirinto cooperativo: un xogo onde precisamos traballar en equipo (cada corda cóllea un

xogador) para conseguir levar a bola ao buraco de saída.

- O lapis cooperativo: como sería pintar entre varias persoas coa mesma pintura? Con este lápis

cada persoa colle unha corda para pintar xuntas. Tentade facelo sen falar e atentas aos

movementos das demáis.

- O peixe glotón: chamámoslle así a ese xogo que tódalas adultas coñecerán, onde temos que

encestar a boliña que vai enganchada por unha corda a unha botella, lembrades?.

Queremos propoñervos un reto: a creación en familia un xoguete non sexista, non violento e, a poder ser, cooperativo, que

coñezades ou que vos inventedes; e que enviedes un vídeo explicando como crealo e xogar co mesmo. Así medramos xuntas

no camiño pola igualdade dende a creatividade.


Esperamos que gocedes tanto coa súa creación como xogando cos mesmos!

Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.



Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros

educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa. Ten sido

subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".

MUDANDO O CONTO


(PINCHA NA FOTO PARA VER O VÍDEO)







E NON ESQUEZAS DEIXARNOS A TÚA VALORACIÓN!! 

Continuando coa​ actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020 presentámosvos o obradoiro MUDANDO O CONTO”

Animarse a participar, son moi enriquecedoras!

A transmisión oral é parte imprescindible de tódalas culturas, como xeito de perpetuarse e transmitir o seu coñecemento.

No ámbito familiar, narrar historias e contar contos, é un acto habitual que pode gañar importancia se somos conscientes de que mentres contamos, estamos compartindo un momento divertido e creativo e tamén estamos transmitindo valores morais e condutas sociais, de xeito ás veces moi sutil, pero que teñen influencia na construción da autoimaxe e subxectividade das persoas que escoitan.

Dende Katiuskas queremos convidarvos a darlle unha segunda oportunidade aos contos de toda a vida e ás súas protagonistas, transformando nesta ocasión o conto de “Cincenta”.

No seguinte vídeo, Cincenta, a personaxe principal, di “basta” e decide deixar o conto ata que alguén actúe e axude a transformalo.

Está nas vosas mans mudar este conto, transformando a historia para facer un relato máis xusto para todas as personaxes.
Podedes enviar as vosas propostas en vídeo, gravadas dende o móbil ou con calquera outro medio, contando como transformades a historia para axudar ás personaxes de xeito narrado, con debuxos, interpretando os papeis, ou de calquera outro xeito que se vos ocorra.

Sexa como sexa, esperamos que gocedes do proceso, xogando en familia e con confianza na capacidade transformadora da creatividade infantil.

Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.

Un saúdo e coidarse moito!!

Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa
Ten sido subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".

xoves, 19 de novembro de 2020

Vídeo contra a violencia de xénero

Bo día familias, 

Hoxe presentámosvos a última acción de 'A igualdade multiplica' e precisamos a vosa colaboración. Nesta ocasión os pedimos que gravedes en vídeo unha frase donde a familia se posiciona unida en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade.  Deixamos que a frase a pensedes vós e que no vídeo esté o maior número posible de persoas da familia. Recordade poñer o móvil en horizontal para facer a gravación. Non temos moito tempo porque o proxecto temos que rematalo a finais deste mes. Os agradecemos que enviedes os vídeos antes do luns 23 de novembro".




Charla de Igualdade

 

Este xoves, ás 21.30 horas, temos unha nova sesión sobre Igualdade. Será online e podedes consultar no Tokapp as claves de acceso. Non faltedes!! 

domingo, 8 de novembro de 2020

A igualdade multiplica!!

Ola familias,

Continuamos coa campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.

Desta vez, seguindo ca acción “A igualdade multiplica” pedímosvos que vos fagades unha foto e nola enviedes, a continuación vos deixamos un documento explicativo e o documento de cesión de imaxe, que tedes que cubrir e asinar, para envialo xunto ca foto ao 695 026 913.

Tendes de prazo ata o 12 de novembro

Lembrade que a vosa participación é moi importante, non só polo éxito desta campaña, senón porque así será máis doado conseguir subvencións futuras que nos permitan seguir traballando.

Animádevos a participar!!!




TALLER DE ECOPERCUSIÓN

 Que ben o pasamos onte no obradoiro de ECOPERCUSIÓN que trouxeron Eduardo e Didier. Familias, nenas e nenos aprendemos a facer uns ritmos b...