mércores, 24 de abril de 2024

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Este 23 de abril, "Día Internacional do libro", fixemos unha celebración moi especial.

Os nosos amigos de Trécola, achegáronse ao cole e levaron a cabo un obradoiro moi chulo de monicreques co alumnado de Infantil e de Primaria.

Pasámolo xenial, e cada un levou ao protagonista do seu conto para a casa.

Mirade, que chulada:




venres, 9 de febreiro de 2024

TALLER DE ECOPERCUSIÓN

 Que ben o pasamos onte no obradoiro de ECOPERCUSIÓN que trouxeron Eduardo e Didier.

Familias, nenas e nenos aprendemos a facer uns ritmos ben marchosos, utilizando únicamente uns botes de pintura baleiros e unhas baquetas. 

Fainos falta ben pouco para montar unha boa festa.

Grazas por achegarvos e participar con eses disfraces tan animados.

Que viva o Entroido!











martes, 9 de xaneiro de 2024

VIÑERON OS REIS MAGOS

 Que sorpresa levou o noso alumnado ao chegar ao cole despois das vacacións do Nadal.

As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, axudados pola ANPA A Fracha, deixaron uns agasallos en tódalas aulas de infantil e primaria. 

Así dá gusto voltar ás clases! 

























sábado, 25 de novembro de 2023

"CONTOS ARREDOR DO LUME" E "CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS""


 Esta semana estivo cargada de actividades sobre igualdade.

O martes contamos con Alba de Vales, que nos contou "Contos arredor do lume". Esta actividade estivo destinada a todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.





E o xoves pola tarde, tanto alumnado como familias pasámolo en grande cos "Contos de nenas grandes e pequenas" que nos trouxo Brais das Hortas.







Esperamos que desfrutásedes moito !!


venres, 17 de novembro de 2023

OBRADOIRO: ACOMPAÑAMENTO DA SEXUALIDADE NA INFANCIA

 


Este mércores, o alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro sobre sexualidade na infancia.

Coñecer os cambios que comezan a aparecer no seu corpo e resolver as súas curiosidades dende unha fonte real e obxectiva, fomenta futuras relacións saudables e con respecto cara a si mesmos e cara aos demáis.













OBRADOIRO DE MONICREQUES

Este 23 de abril, " Día Internacional do libro ", fixemos unha celebración moi especial. Os nosos amigos de Trécola , achegáronse ...